Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS pechará os compromisos da xornada 11 de Primeira Feminina este domingo ás 13.30 horas na complicada pista de Penya Esplugues, sexto clasificado. A cita poderá seguirse en directo por streaming a través da canle de YOUTUBE -Ligazón- do conxunto local. “Imos a unha pista cun rival coñecido, moi comprometido, que sempre esixe moitísima concentración. Así esperamos o partido, querendo demostrarnos a nós mesmas o máximo nivel para regresar cos tres puntos” advertía a meta Joziane de Oliveira, dun Penya Esplugues que recibirá as mariñás con 19 puntos no seu haber e con ganas de volver ao bo camiño, truncado a semana pasada na pista do Zaragoza (4-1), tras cinco triunfos consecutivos. Pola súa banda, as pupilas de Julio Delgado e Lucas afrontan a cita na segunda praza (28 puntos), con desvantaxe sobre Futsi, tras o empate da semana pasada na visita do Alcorcón (2-2): “Non estamos cento por cento contentas porque sabemos que podemos render moito máis; esperamos recuperar a nosa mellor versión esta semana. Temos un grupo moi competitivo. O empate con Alcorcón non era o esperado. Nós esixímonos moitísimo e sabemos que podemos dar máis; así que deixamos atrás ese resultado e agora estamos traballando pensando en seguir sumando de tres en tres cada xornada” reflexionaba Jozi. Como rival directo e liderando a táboa, o Atlético Futsi Navalcarnero (30 puntos) recibirá esta semana ao Zaragoza (17 puntos), sétimo, antes de visitar Vista Alegre o sábado 30. “Miramos tamén para Futsi, é unha cita marcada no calendario, pero a concentración está plenamente neste partido, con Esplugues; é un bo rival que nos vai a sacar todos os factores que necesitaremos para o Clásico, sen dúbida” puntualizaba a brasileira. Na terceira praza, Ourense (25 puntos) tamén xogará como local, ante o cuarto, Alcorcón (22 puntos). A expedición laranxa partirá mañá ás 8.30 horas desde Burela.
Ler máis
Ao asalto da Malata. Así se prepara o Pescados Rubén Burela FS para a xornada 10 de Primeira, na cita de arrecendo irmandiño, fronte ao Parrulo FS. O derbi, previsto para o sábado ás 19.00 horas, poderá seguirse en directo a través de TVG2. Os pupilos de Juanma Marrube teñen por diante a pugna de tres puntos moi importantes nun compromiso especial. No desprazamento máis próximo, con aire galego e ante unha escuadra de coñecidos. Tras o empate con Zaragoza, os da Mariña buscarán dar continuidade ás boas semanas de traballo, efectivos e calidades. “Sabemos que vai ser moi complicado. Levamos unhas semanas moi boas de traballo e de adestramento. Puntuar dúas semanas seguidas sería moi bo para a moral do equipo e aínda máis gañar, dando un pequeno gran paso cara aos postos de menos perigo” explicaba a Xoia Laranxa, Pitero, facendo fincapé na solidez do equipo como local e na complexidade que presenta aos rivais. O Parrulo dos ex burelistas Hélder, Iago Rodríguez ou Miguel Muñoz recibirá o Pescados Rubén Burela FS na décima praza, con 11 puntos conseguidos ante ElPozo (xornada 1, 3-2), Zaragoza (xornada 4, 2-4), Cartagena (xornada 5, 2-2), Jaén (xornada 6, 6-3) e Palma (xornada 8, 2-2). Os 5 puntos dos laranxas súmanos os empates con Levante (xornada 3, 1-1) e Zaragoza (xornada 9, 2-2) e a vitoria con Peñíscola (xornada 7, 2-1). Pitero foxe de favoritos para a cita: “A clasificación non se mira en cuestión de derbis. Agardamos un partido moi igualado no que os detalles serán determinantes. Estaremos ante un equipo que exerce moita presión e que medra co ambiente da súa casa. Nós temos que seguir na liña dos últimos encontros, estamos no bo camiño, e podemos conseguir os tres puntos na Malata” adiantaba o novísimo 9 burelao, pletórico co seu regreso ás pistas hai dúas semanas e co seu debut na máxima categoría, tras a pubalxia que o mantivo afastado case once meses: “Estou feliz por volver xogar e axudar os compañeiros. Pouco a pouco vou collendo ritmo e disputando minutos. Espero estar cada vez mellor e poder contribuír con máis de min ao equipo”. O cadro de Juanma Marrube realizará a última sesión da semana mañá pola mañá e porá rumbo á Malata o sábado, tras o xantar. Edu, na Gala do Deporte de Narón 2019 O meta Eduardo Saavedra, xa case toda unha institución na portería laranxa, asistirá mañá á Gala do Deporte de Narón 2019 (Pazo da Cultura, 21.00 horas), nominado como mellor deportista da súa terra natal.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 10ª xornada
O Parrulo Ferrol
3 victorias | 2 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 11
Pescados Rubén-Burela FS
1 victorias | 2 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 5
Cancha de xogo:
Pabellón Polideportivo de A Malata
Data:
23 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/11/2019
Movistar Inter 1 1 Viña Albali Valdepeñas
CA Osasuna Magna 3 2 Servigroup Peñíscola
Industrias Santa Coloma 3 6 FC Barcelona
Palma Futsal 1 2 Jaén Paraíso Interior
Levante UD FS 3 5 ElPozo Murcia
Jimbee Cartagena FS 4 1 Aspil Jumpers Ribera
Pescados Rubén-Burela FS 2 2 Fútbol Emotion Zaragoza
Córdoba Patrimonio 3 2 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1FC Barcelona 24
2Movistar Inter23
3ElPozo Murcia19
4CA Osasuna Magna15
5Palma Futsal14
6Viña Albali Valdepeñas13
7Jaén Paraíso Interior13
8Jimbee Cartagena FS12
9Servigroup Peñíscola11
10O Parrulo Ferrol11
11Levante UD FS10
12Córdoba Patrimonio10
13Aspil Jumpers Ribera8
14Industrias Santa Coloma8
15Fútbol Emotion Zaragoza6
16Pescados Rubén-Burela FS5
Goleador
Luisma
GolesXogador
3Luisma
3Matamoros
2Álex Diz
1Everton
1Joselito
1Juanfran
1Lucho
1Pope
1Renato
Próximo partido
Partido pertencente á 11ª xornada
Penya Espluges Gironella FS
6 victorias | 1 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 19
Pescados Rubén-Burela FS
9 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 28
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes
Data:
23 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/11/2019
Cidade das Burgas 1 1 Bilbo FS
Majadahonda FSF/Afar 4 1 5 Pescamar Poio FS
Roldán FSF 1 9 CD Futsi Atlético Navalcarnero
Xaloc Alacant A 2 9 Universidad de Alicante
Pescados Rubén-Burela FS 2 2 AD Alcorcón FSF
Leganés Masdeporte 3 5 UCAM ElPozo Murcia
Móstoles FSF 2 2 Ourense Envialia
AD Sala Zaragoza 4 1 Penya Espluges Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero30
2Pescados Rubén-Burela FS28
3Ourense Envialia25
4AD Alcorcón FSF22
5Pescamar Poio FS19
6Penya Espluges Gironella FS19
7AD Sala Zaragoza17
8Universidad de Alicante15
9UCAM ElPozo Murcia13
10Móstoles FSF10
11Roldán FSF10
12Leganés Masdeporte7
13Majadahonda FSF/Afar 47
14 Bilbo FS5
15Cidade das Burgas4
16Xaloc Alacant A0
Goleadora
Peque
GolesXogadora
10Peque
5Ale de Paz
4Dany
4Jane
3Jenny
3Jenny Lores
3Lara
2Bea Mateos
2Cilene
1Luci
Patrocinadores