Publicidade
X Pechar
Tras a vitoria de hoxe en Copa da Raíña fronte a Valdetires Ferrol FSF (0-2), o Pescados Rubén Burela FS xa pensa outra vez en liga. Esta noite as Guerreiras subiranse ao autobús para medirse o domingo ao UA Alicante (12.00 horas). A cita poderá seguirse en directo por STREAMING. Ligazón “Imos por todas, concentradas e con ganas de recuperar os tres puntos” explicaba a coruñesa Luci, deixando atrás o resultado adverso do Clásico para dar o máximo nesta nova cita: “Esperamos un rival moi forte; reforzou ben o cadro sólido que tiña. Custoulle entrar na liga, pero agora xa está tal e como esperabamos, en racha de vitorias e bos resultados” explicaba a 19 laranxa das universitarias, que defenden as sexta praza con 21 puntos e encadean seis xornadas triunfales. No podio, o Futsi defenderá o liderado (36 puntos) en derbi fronte ao Alcorcón, cuarto clasificado (26), e Ourense Envialia, terceiro (29), medirase ao Penya Esplugues, sétimo (19 puntos). Sen descanso ao acabar o partido, Luci terá que facer as maletas para reunirse coa Selección Española, xunto ás tamén Guerreiras Peque, Jenny Lores e Ana Romero. “Non o esperaba. É unha alegría inmensa que Clàudia pense en min outra vez. Ademais síntome doblemente afortunada porque terei a oportunidade de xogar con España por primeira vez en Galicia” así se mostraba a xogadora burelista tras o chamamento da Vermella o domingo pasado. As catro mariñás sumarán aos seus dous partidos en tres días, outros dous, en Marín o martes (20.00 horas) e Burela o mércores (21.00 horas). Tamén será unha semana internacional para Jenny, que defenderá a Portugal fronte a Rusia en Albufeira. Todos os efectivos laranxas estarán dispoñibles para a xornada 13, a excepción de Cris Pérez, na recta final da súa recuperación xunto a Comarcal A Fervenza, e Cilene, inmersa na concentración do Brasil para Copa América (13-20 de decembro). Billete para oitavos Os goles de Luci e Jenny Lores selaron o billete para oitavos da Copa de SM A Raíña esta mañá no pavillón ferrolán de Esteiro, ante o Valdetires FSF, de Segunda División. As burelistas internacionais anotaron nos minutos 2 e 17 para garantir o primeiro paso nesta competición que cambia de formato. Ficha técnica Valdetires Ferrol FSF: Carmen, Sheila, Lidia, Paula, Ainhoa, cinco inicial; tamén xogaron Diana, Suki, Erika Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Peque, Bea Mateos, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Lara Balseiro, Jenny Lores, Ale de Paz, Jenny, Jane, Ana Romero Goles: 0-1, minuto 2, Luci; 0-2, minuto 17, Jenny Lores Árbitros: Salina Barcia // Amor Vizoso. Por Valdetires amarela a Ainhoa (minuto 31). Por Burela amarela a Bea Mateos (minuto 14). Incidencias: Partido correspondente a dezaseisavos de Copa de SM A Raíña disputado no pavillón de Esteiro (Ferrol).
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS buscará este sábado (18.30 horas) a primeira vitoria lonxe de Vista Alegre, nun duelo de iguais. O Aspil Jumpers Ribera Navarra espera os mariñáns na antepenúltima praza, con tres puntos máis que os de Juanma Marrube. “É un partido moi importante para os dous equipos. Enfrontarémonos a un rival directo, un equipo moi competitivo nunha gran pista” advertía Everton do Aspil, que busca afastarse da zona de perigo nese triplo empate con Zaragoza e Santa Coloma, aínda que os números non reflicten precisamente que o seu feudo sexa a súa máxima fortaleza; tan só conseguiron puntuar co triunfo ante O Parrulo (2-0). Ambas as escuadras chegan á xornada 12 de Primeira Masculina co ronsel do empate. Mentres os galegos frearon a todo un Jaén Paraíso Interior (2-2), os navarros fixeron o propio ante Córdoba (3-3), nunha cita acuciante pola mingua de efectivos.”Temos que poñer en práctica todo o traballo da semana e traer os tres primeiros puntos fóra da casa. Estamos dando a cara, dominando en moitos momentos dos partidos, pero fáltanos chegar con máis contundencia a portería. O noso obxectivo é manter esa intensidade, o plan de partido e facer desaparecer o que nos penaliza de cara a portería”, explicaba o 20 burelista, buscando dar continuidade ao seu crecemento e evolución. Na expedición laranxa viaxarán todos os efectivos, salvo os lesionados Iago Míguez e Amoedo. O meta M. Kaluza chegou onte a Burela, tras defender esta semana, nunha convocatoria máis, a Polonia nos seus compromisos ante Serbia, con 1 vitoria (4-1) e 1 derrota (3-5). Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 7. R. Vargas, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran; 12. Renato, 14. Pope, 20. Everton, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza Mércores 11, Copa do Rei Os pupilos de Juanma Marrube farán un descanso en liga para medirse o vindeiro mércores, 11 de decembro, a O Esteo (As Pontes, 20.30 horas) en dezaseisavos de Copa do Rei, antes da visita do Palma Futsal, o venres 13.
Ler máis
As campioas de I Copa de SM A Raíña estrean o novo formato de competición mañá, en dezaseisavos, na pista do Valdetires Ferrol FSF (pavillón de Esteiro, 12.00 horas), de Segunda División. Esta será a segunda vez que se vexan as caras en 2019-20. No anterior enfrontamento, en Copa Galicia en Vista Alegre, o Pescados Rubén Burela FS impúxose con claridade (9-1) no pasado mes de outubro. “Vai ser diferente; xogando na súa casa, diante da súa afección, o partido vai estar máis igualado” advertía Julio Delgado do inicio dunha ponte de moito traballo, coa xornada 13 o domingo na casa do UA Alicante: “Aínda que xa temos liga o domingo, imos afrontalo a lume de biqueira porque queremos pasar a eliminatoria e seguir dando pasos nesta Copa. Non podemos deixarnos sorprender”. “É un mes complicado. Vimos da derrota con Futsi, a próxima semana tamén teremos as convocatorias das nosas internacionais con España e Portugal, Cilene xa está con Brasil… Con todo isto, tratamos de que as xogadoras cheguen nas mellores condicións pensando só na Copa da Raíña e despois, aínda que sexa no bus, tocará recuperalas para o domingo na pista de UA Alicante” reflexionaba así o técnico laranxa, no inico da recta final da primeira volta, tras o inmerecido tropezo ante o liderado madrileño: “Pasamos páxina; o formato é agora diferente e as propias esixencias de Copa e Liga, ademais de compromisos internacionais, obrígannos a recuperarnos inmediatamente para estar ao cento por cento. A clave estará na regularidade e por iso traballamos, para volver ter boas sensacións na próxima cita sen deixar de mellorar” concluía o preparador. Julio Delgado e Lucas dispoñerán mañá de todos os seus efectivos a excepción Cilene e Cris. Emparellamentos de dezaseisavos: C.F.S. FEMENINO SAN FERNANDO – OURENSE C.F. ENVIALIA COLMENAREJO – A.D. SALA ZARAGOZA A.D. TELDEPORTIVO – C.D. FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO C.D.B. ALMAGRO FÚTBOL SALA – MAJADAHONDA F.S.F AFAR 4 VALDETIRES FERROL F.S.F. – PESCADOS RUBÉN BURELA F.S. O FISGON FUTSAL – POIO PESCAMAR VIAXES AMARELLE – CIDADE DAS BURGAS F.S. LA BOCA TE LÍA FUTSAL ALCANTARILLA 1-6 ROLDÁN FUTSAL FEMENINO F.S.F JOVENTUD D’ELX – XALOC ALACANT F.S. C.D. LA CONCORDIA – BILBO F.S. MECANOVIGA EIXAMPLE F.S. – PENYA ESPLUGUES A.E. U.D. LA CRUZ VILLANOVENSE – F.S.F. MÓSTOLES ATLÉTICO TORCAL – UNIVERSIDAD DE ALICANTE DEPORTIVO CÓRDOBA – A.D. ALCORCÓN F.S. GUADALCACÍN F.S.C.D. – UCAM ELPOZO MURCIA F.S. Equipo exento: LEGANÉS FS
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 12ª xornada
Aspil Jumpers Ribera
2 victorias | 3 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 9
Pescados Rubén-Burela FS
1 victorias | 3 empates | 7 derrotas
Puntos acumulados: 6
Cancha de xogo:
Municipal Elola
Data:
7 de decembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 30/11/2019
Movistar Inter 5 4 Servigroup Peñíscola
Levante UD FS 4 4 FC Barcelona
Pescados Rubén-Burela FS 2 2 Jaén Paraíso Interior
Viña Albali Valdepeñas 4 2 ElPozo Murcia
Córdoba Patrimonio 3 3 Aspil Jumpers Ribera
CA Osasuna Magna 6 2 Fútbol Emotion Zaragoza
Jimbee Cartagena FS 0 5 Palma Futsal
Industrias Santa Coloma 4 4 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter29
2FC Barcelona 28
3Palma Futsal20
4Viña Albali Valdepeñas19
5ElPozo Murcia19
6CA Osasuna Magna18
7Jaén Paraíso Interior17
8O Parrulo Ferrol15
9Levante UD FS14
10Jimbee Cartagena FS12
11Servigroup Peñíscola11
12Córdoba Patrimonio11
13Fútbol Emotion Zaragoza9
14Aspil Jumpers Ribera9
15Industrias Santa Coloma9
16Pescados Rubén-Burela FS6
Goleador
Matamoros
GolesXogador
4Matamoros
3Luisma
2Álex Diz
2Everton
2Renato
1Joselito
1Juanfran
1Lucho
1Pope
Próximo partido
Partido pertencente á 13ª xornada
Universidad de Alicante
7 victorias | 0 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 21
Pescados Rubén-Burela FS
10 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 31
Cancha de xogo:
Pavillón Universitario de Alacante
Data:
8 de decembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 30/11/2019
Xaloc Alacant A 4 2 Bilbo FS
Leganés Masdeporte 2 4 Pescamar Poio FS
Pescados Rubén-Burela FS 2 3 CD Futsi Atlético Navalcarnero
AD Sala Zaragoza 0 2 Universidad de Alicante
Roldán FSF 6 5 UCAM ElPozo Murcia
Majadahonda FSF/Afar 4 2 5 Ourense Envialia
Cidade das Burgas 1 2 Móstoles FSF
AD Alcorcón FSF 2 1 Penya Esplugues Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero36
2Pescados Rubén-Burela FS31
3Ourense Envialia29
4AD Alcorcón FSF26
5Pescamar Poio FS25
6Universidad de Alicante21
7Penya Esplugues Gironella FS19
8AD Sala Zaragoza17
9Móstoles FSF16
10UCAM ElPozo Murcia16
11Roldán FSF13
12Leganés Masdeporte10
13Majadahonda FSF/Afar 47
14 Bilbo FS5
15Cidade das Burgas4
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
13Peque
7Ale de Paz
6Dany
5Jane
3Jenny
3Jenny Lores
3Lara
2Bea Mateos
2Cilene
1Luci
Patrocinadores