Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS poñerá a proba a solidez local do impoñente ElPozo Ciudd de Murcia este domingo (pavillón José María Cagigal, 12.30 horas), que recibe os laranxas na 17ª xornada desde a segunda praza con 33 e empatado co líder, o outro filial dos grandes, FC Barcelona B Lassa. Os pupilos de Juanma Marrube xa saben o que é gañar aos levantinos, impuxéronse 3-0 en Vista Alegre no arranque da primeira volta, pero agora preséntaselles unha tarefa máis complicada, romper a imbatibilidade dun equipo que só cedeu 1 punto na súa casa, fronte a Prone Lugo (3-3), na xornada 10. Tras o meritorio empate con Valdepeñas (3-3) no comezo da segunda volta, os laranxas afrontan a cita moi conscientes da dificultade do compromiso: “Preséntase duro, como todo o mes de xaneiro. Antes de Nada fíxose unha pequena minipretempada, bastante dura, para chegar ben a este mes” explicaba Chus, que abriu o marcador na cita de Vista Alegre a semana pasada, que mantén o Pescados Rubén na sexta praza (27 puntos). “Vannos esixir moitísimo pero nós tamén lles imos poñer as cousas difíciles para traer a Burela algo positivo. É un rival coa mesma filosofía que o de Primeira División; Josán González, ao cargo de toda a base, ten os equipos moi traballados. Parte dos seus xogadores están adestrando co primeiro equipo e moitos disputaron minutos, polas lesións que tiveron esta tempada” adiantaba o ala salmantino, admitindo tamén certas faíscas de idoneidade no rival para a xogo burelista: “Pode ser un rival bo para a nosa forma de defender. Aquí fixémonos fortes en defensa e fomos moi efectivos nas ocasións de finalización” puntualizaba o 7 mariñán. “Xogamos fóra da casa e teremos que presentar un partido moi serio; xornada tras xornada estase demostrando a igualdade da categoría e creo que este será outro encontro que se decidirá por pequenos detalles”, así facía a lectura previa do encontro Chus, vendo a equipos co 100% de motivación sobre a pista: “A súa máxima motivación é o primeiro equipo, por iso nunca baixan a garda. Nese aspecto non nos gañarán porque, tal e como expoñemos a segunda volta, nós temos que ir sacar os tres puntos; só así conseguiremos mellorar os números da primeira volta”. O equipo partirá esta noite, ás 21.30; concluirá a súa preparación mañá, xa en Murcia, cunha sesión prevista para as 12.30 horas. Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 16. Pitero, 20. Héctor Cuartos de Copa Galicia O Pescados Rubén Burela FS visitará a pista do Noia Portus Apostoli o martes 6 de febreiro (21.00 horas) para disputar cuartos de Copa Galicia. Xa ten o billete para semifinais O Esteo tras impoñerse a Sport Sala Culleredo o 13 de xaneiro por 2-5. Os outros enfrontamentos estarán protagonizados por Sala Ourense-O Parrulo (26 de xaneiro, 21.00 horas) e Pizarras Loss Tres Cuñados-Santiago Futsal (10 de febreiro, 18.30 horas).
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS poñerá o broche á primeira volta de Primeira RFEF este domingo (13.00 horas, Los Cantos) na pista do Ciudad de Alcorcón, un duelo no que as laranxas defenderán a súa terceira praza (34 puntos) empatadas con Universidad de Alicante, fronte ás quintas na táboa (29 puntos). “É un partido moi importante, cun rival moi forte e fóra da casa” advertía Julia Forsiuk, autora de dúas dos goles do gran triunfo da estrea de 2018, fronte a Guadalcacín (7-1), confiando en chegar ao ecuador da competición reafirmándose no podio: “Sabemos que Alcorcón é un rival complicado, con xogadoras internacionais, pero debemos centrarnos no noso xogo, sen importar qué equipo está en fronte; só así poderemos gañar. Creo que comezamos o ano cun grande equipo; Cami estase adaptando moi ben e confío neste bloque non só para gañar o domingo senón tamén para pelexar por grandes obxectivos”, explicaba a 37 burelista. A expedición partirá cara ao seu destino da 15ª xornada mañá ao mediodía, tras a última sesión da semana (11.30 horas). Non viaxará Sofía, por molestias musculares. En pugna directa. Na última cita da primeira volta, UA Alicante, empatado a 34 puntos coas mariñás, terá unha difícil tarefa, coa visita do 4º na táboa, Jimbee Roldán, con só 2 puntos de desvantaxe. O Atlético de Madrid Navalcarnero chega ao ecuador custodiando o liderado, con 40 puntos, tras a disputa da xornada adiantada (xoves 18), con Soto del Real, con vitoria 6-0.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 17ª xornada
ElPozo Ciudad de Murcia
10 victorias | 3 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 33
Pescados Rubén-Burela FS
8 victorias | 3 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 27
Cancha de xogo:
Palacio de Deportes de Murcia
Data:
21 de xaneiro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 13/01/2018
Pescados Rubén-Burela FS 3 3 FS Valdepeñas
Real Betis Futsal 6 1 Tenerife Iberia Toscal
Manzanares FS 5 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Elche CF 5 3 Prone Lugo AD
CD UMA Antequera 7 3 Bisontes Castellón
Rivas Futsal 2 2 FC Barcelona B
Puertollano FS 2 4 Itea Córdoba
Software DELSOL Mengíbar 4 2 Noia Portus Apostoli
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1FC Barcelona B 33
2ElPozo Ciudad de Murcia 33
3FS Valdepeñas32
4Puertollano FS29
5CD UMA Antequera29
6Pescados Rubén-Burela FS27
7Real Betis Futsal26
8Bisontes Castellón25
9Itea Córdoba24
10Software DELSOL Mengíbar24
11Rivas Futsal23
12Manzanares FS15
13Elche CF14
14Noia Portus Apostoli13
15Prone Lugo AD7
16Tenerife Iberia Toscal6
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
11Luisma
7Renato
6Hélder
6Jesús Blázquez Pacheco
4Pope
3Colacha
3Víctor
1Edu
1Héctor
1Sergio Cora
Última xornada
Partidos celebrados o 20/01/2018
Majadahonda FSF/Afar 4 0 0 Leganés Masdeporte
UCAM Murcia 0 0 Pescamar Poio FS
Universidad de Alicante 0 0 Jimbee Roldán FSF
Guadalcacín 0 0 Ourense Envialia
Penya Espluges Gironella FS 0 0 Móstoles FSF
CD Futsi Atlético Féminas 6 0 VP Soto del Real
Cidade de As Burgas 0 0 Cádiz Polideportivo FSF
AD Alcorcón FSF 0 0 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas40
2Universidad de Alicante34
3Pescados Rubén-Burela FS34
4Jimbee Roldán FSF32
5AD Alcorcón FSF29
6Pescamar Poio FS24
7Ourense Envialia23
8UCAM Murcia21
9Leganés Masdeporte19
10Penya Espluges Gironella FS18
11Móstoles FSF15
12Majadahonda FSF/Afar 414
13Guadalcacín11
14VP Soto del Real5
15Cidade de As Burgas2
16Cádiz Polideportivo FSF2
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
16Cilene
15Lara
10Dany
8Julia
6Bea Mateos
4Tai
2Sofía
1Judith
Patrocinadores